miércoles, 14 de febrero de 2018

María Toledo acompañará á Orquestra Sinfónica Vigo430 nun concerto dirixido pola revelación Irene Gómez-Calado





Será unha noite de gran protagonismo feminino na que a cantaora flamenca interpretará El Amor brujo de Falla xunto a unha orquestra integrada por unha maioría de mulleres e baixo a batuta dunha das directoras máis brillantes do momento en Europa. 

- No seu próximo concerto a Orquestra Vigo 430 ofreceranos unha noite de música con destacada presenza feminina, como anticipo das celebracións do Día Internacional da Muller do 8 de marzo.  Será no Auditorio Mar de Vigo o venres 16 de febreiro ás 20:30. 

A OV430 conta cunha porcentaxe de mulleres que ronda o 60% en case todos os seus concertos e nesta ocasión, as convidadas serán tamén mulleres. Na dirección unha das directoras revelación en toda Europa, Irene Gómez-Calado; e como solista a cantante María Toledo que interpretará El Amor Brujo de Manuel de Falla. A OV430 intrepetará outra obra de Falla, El Sombrero de Tres Picos; e tamén estarán no programa obras de outros dous compositores españois: as Danzas Fantásticas de Joaquín Turina e Cervantina do compositor e arreglista vigués, Juan Durán.

A directora
Irene Gómez-Calado revélase como unha das directoras máis novas e prometedoras do momento. Debutou recentemente no Carnegie Hall de Nova Iorke nun concerto benéfico, dirixindo música de T.L. de Victoria. Destaca o seu traballo como directora asistente do director estonio Paavo Järvi no Teatro alla Scala de Milán na ópera Don Giovanni de W.A. Mozart os pasados meses de abril e maio. Nos últimos anos Irene foi convidada pola Orquestra National d’Île de France para a estrea mundial do “Concerto para público e orquestra” do compositor italiano Nicola Campogrande na Philharmonie de París. É regularmente convidada a dirixir a Orchestra Sinfónica Abruzzese en Italia. Este ano destacan a súa participación no festival da Semana de Música Religiosa de Cuenca (SMR) e coa Orquestra do Principado de Asturias (OSPA)

A cantaora
María Toledo, ademais de ser a imaxe do flamenco actual, é a primeira muller no flamenco que se acompaña tocando ela mesma o piano. O seu primeiro disco foi recoñecido pola audiencia de Radio Televisión Española como “mellor disco novel do ano” en 2006. O seu segundo álbum Uñas Rojas, publicado en 2012, contou coa colaboración de Miguel Poveda, María Jiménez, David de María, Rafael Amargo e a Orquesta Sinfónica de Praga. Co terceiro e cuarto disco estivo nominada aos Latin Grammy. Actuou en escenarios de medio mundo e ten participado en espectáculos de Manolo Sanlúcar ou Pepe Habichuela; mesmo chegou a cantar na última gravación de Rocío Jurado.


Link Álbum en Facebook;

No hay comentarios:

Publicar un comentario